O Pleno aprobará a constitución da comisión dos proxectos do tren de alta velocidade
A Corporación Municipal celebrará o luns sesión plenaria ordinaria na que se tratarán , entre outras cuestións, a proposta da Mesa de Contratación declarando deserto o procedemento de xestión do servicio público de subministro, instalación, reposición e mantemento de contedores e papeleiras no Concello de Vigo.
No trancurso do pleno informarase da constitución da comisión informativa especial de seguimento dos proxectos do tren de alta velocidade, así como a aprobación definitiva da modificación puntual do PXOU, relativa ó tráfico do primeiro cinto de circunvalación e acceso ó porto de Bouzas.
Outros asuntos contemplados na orden do día son a proposta de aprobación definitiva de mellora de subministro de auga ó Concello de Vigo coa conexión O Casal-Valadares e peche perimetral e os proxectos de ampliación do saneamento de Beade, Zamáns e Valadares.
O alcalde dará conta do cese do concelleiro do grupo popular, Manuel Garrido González, por falecemento.
O pleno tamén abordará cinco mocións presentadas na orden do día, unha do grupo mixto sobre establecer un convenio coa Zona Franca para a construcción de aparcadoiros na zona de Balaidos. O grupo municipal socialista propón dirixirse ó Ministerio de Fomento para que se aceleren os trámites para que o Aeroporto de Vigo poida dispoñer do ILS, categoría II-III. O grupo municipal popular presenta tres mocións para a súa aprobación sobre o programa de melloras na rúa Paraguai: sobre a constitución do Servicio de Orientación do Emigrante e sobre o desenvolvemento de accións para preservar o espacio ” Abrir Vigo ó Mar”.