O Concello tramita a construcción de urbanizacións de vivendas unifamiliares en Oia e Matamá
O Concello está a tramitar a construcción de senllas urbanizacións de vivendas unifamiliares nas parroquias de Oia e de Matamá.
No caso de Oia, a Xerencia de Urbanismo aprobou o Estudio de Detalle da Unidade de Actuación 8 “Grades”. Este estudio planifica a construcción dunha urbanización que ocupará unha superficie de 17 mil metros cadrados, preto do colexio público “Ría de Vigo”, na que se construirán 44 vivendas unifamiliares. O estudio, que terá que ser ratificado polo pleno da corporación, prevé a ampliación do camiño de Oia ata os 8 metros de ancho e a creación dunha zona verde de 1712 m2.
En Matamá, o Consello da Xerencia aprobou o proxecto de urbanización do polígono coñecido como “Canteira”. Os promotores desta obra deberán rexenerar a vella canteira situada na zona convertíndoa en zona verde, ampliar a 16 metros de ancho o camiño da Balsa e crear un novo vial de fondo de saco que servirá de acceso ás vivendas que se construirán no polígono e á zona verde. O presuposto da obra é de 127.171 euros.
Declarado en ruína un edificio da rúa Manuel Núñez
O Consello da Xerencia de Urbanismo declarou o estado de ruína do inmoble sito na rúa Manuel Núñez número 32. Trátase dun edificio deshabitado de baixo e dúas alturas dunha antigüedade cercana ao século. Os técnicos que inspeccionaron o inmoble certificaron que as obras necesarias para a súa reparación custarían moito máis do valor actual da casa. A declaración de ruína permite aos propietarios do edificio derrubalo e construír outro no seu lugar.
Descargar todas as imaxes