43 mulleres usaron a Casa de Acollida o ano pasado
O 42% das usuarias da Casa de Acollida de Mulleres Maltratadas de Vigo foron mulleres menores de 30 anos segundo se recolle na memoria do ano pasado deste servicio municipal e que presentou hoxe ós medios de comunicación a concelleira da Muller, Ana Gandón, e a directora da Casa, Mercedes Cameselle. En total, no ano 2001 viviron na casa 43 mulleres e 47 menores.
O 60% das mulleres acollidas proceden de Vigo, o 35% de concellos da provincia de Pontevedra e un 5% son estranxeiras. A ocupación da Casa durante todo o ano foi alta, sendo do 100% nos meses de marzo, setembro, outubro e novembro. Este dato, segundo manifestou a concelleira non se pode considerar como malo tendo en conta a variable de que hai máis conciencia por parte da muller para tomar decisións e romper.
Para Ana Gandón as casas de acollida son un recurso imprescindible e case o único elemento de seguridade e protección co que contan as mulleres que recorren ó servicio xa que son as mulleres as que teñen que saír do seu ámbito mentres que o agresor permanece nel. A concelleira da Muller reclama un maior compromiso por parte das administracións públicas xa que hai moitas mulleres víctimas de violencia de xénero que foron crónicas de mortes anunciadas.
A directora da Casa de Acollida, Mercedes Cameselle, informou dos datos referidos ás usuarias da Casa. En canto a idade, a porcentaxe maior das usuarias foron mulleres de entre 18 e 30 anos: o 65% casadas. Os niveis de estudio e formación das usuarias reflexa que o 68% teñen estudios primarios. En canto á procedencia, o 54% son de zona urbana. O 35% realizan actividade económica e o 65% carecen de actividade remunerada.
O 93% das mulleres que viviron na casa durante o ano pasado recibiron maltrato triple, físico, sicolóxico e sexual. Os desencadenantes habituais son o alcohol, drogas e celos. O vínculo co agresor o 72% é o esposo, e no 70% dos casos hubo denuncias anteriores.
A Casa de Acollida
A Casa de Acollida é un servicio dependente da concellería da Muller do Concello de Vigo, funciona dende o ano 1990, e está xestionado polo Grupo de Estudios sobre a Condición da Muller ALECRIN. O acceso realízase a través do Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller.
A Casa ofrece ás mulleres víctimas da violencia e ás súas fillas e fillos un espacio alternativo de convivencia e un tempo de reflexión para tomar decisións sobre a súa vida. Durante a súa estadía contan con apoio e asistencia social, xurídica e sicolóxica. A Casa de Acollida dispón ademais dun piso de saída dependente dun Programa de Apoio económico á saída da Casa.
Descargar todas as imaxes