O Concello aporta 24.053 euros á película ” Días de boda” do director Juan Pinzás.
A concellería de Cultura contribuirá con 24.053 € ó finanzamento da película ” Días de Boda”, do director vigués Juan Pinzás, que se ronda estos días na cidade. Entre os actores da metraxe atópanse Asunción Balaguer, Javier Gurruchaga, Ernesto Chao, Comba Campoy e Monti Castiñeira.
O filme trata sobre a historia de amor dunha parella de noivos, e Vigo abre e pecha a obra como alegoría da evolución da relación. A estrea da película está prevista para o 30 de agosto.
O concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe, subliñou a importancia de investir en audiovisuais e lembrou que nos pasados dezaoito meses rodáronse na cidade catro longametraxes e dous cortos.
Descargar todas as imaxes