O servicio de atención telefónica 010 recibiu 75.000 chamadas
A concelleira de Participación Cidadá, Mariló Cabaleiro, presentou o balance do primeiro ano de funcionamento do servicio de atención telefónica 010, que atendeu 75.000 chamadas.
No mes de decembro de 2000, recibíronse 3.679 chamadas, en tanto que no mesmo mes de 2001 se atenderon 8.163, o que supón un incremento do 222%, que fixo necesario aumentar o persoal do servicio de catro a seis operadoras coa finalidade de ofrecer un servicio de calidade á cidadanía.
Boa parte das chamadas recibidas refírense á solicitude de información para a realización de trámites municipais, tanto no relativo á documentación necesaria para facer unha xestión administrativa como á situación na que se encontran cando xa están en trámite. Esta utilización do servicio facilita que os cidadáns se acheguen ó Concello coa documentación necesaria, o que evita demoras na tramitación dos seus expedientes e perdas de tempo innecesarias para os cidadáns e funcionarios municipais.
No referido á recepción e tramitación de queixas, o número de chamadas é similar durante tódolos meses do ano, cunha media mensual de 292 queixas.
Enquisa de coñecemento
Un tratamento á parte merecen os resultados da enquisa de coñecemento e calidade dos servicios de información municipal.
Respecto ó servicio de atención telefónica 010, o seu coñecemento é aínda escaso (20,5%) e a forma de coñecemento foi a través da prensa (47%). O servicio de información presencial sito na lonxa do Concello ten unha utilización moi superior á telefónica (40%).
Descargar todas as imaxes