A concentración pola paz da praza do Rei foi a máis numerosa de Galicia
Arredor de 5.000 rapaces de centros educativos de Vigo congregáronse na praza do Rei para celebrar o Día da Paz nun acto organizado pola Concellería de Xuventude e Deportes. Pancartas, cancións e manifestos alusivos á paz servironlles ós escolares para demostrar a súa preocupación ante a violencia.
Manifesto da Unesco
Década para unha cultura de paz e de non violencia (2001-2010)
Recoñecendo a miña responsabilidade ante o futuro da humanidade, comprométome na miña vida diaria, na miña familia, no meu traballo, na miña comunidade, no meu país e na miña rexión a:
1.-Respectar a vida e a dignidade de cada persoa sen discriminación nin prexuízos.
2.-Practicar a non-violencia activa, rechazando o que é violento e todas as súas formas: física, sexual, psicolóxica, económica e social, en particular cara os máis débiles e vulnerables, como son os nenos, nenas e adolescentes.
3.-Compartir o meu tempo e recursos materiais, cultivando a xenerosidade, a fin de rematar coa exclusión, inxustiza e a opresión política e económica.
4.-Defender a liberdade de expresión e a diversidade cultural, privilexiando sempre a escoita e o diálogo, sen ceder ó fanatismo, nin a maledicencia e o rechazo de próximo.
5.-Promover un consumo responsable e un modelo de desenvolvemento que teña en conta a importancia de todas as formas de vida e o equilibrio dos recursos naturais do planeta.
6.-Contribuír ó desenvolvemento da miña comunidade, favorecendo a plena participación das mulleres e o respecto dos principios democráticos, coa finalidade de crear xuntos novas formas de solidariedade.
Descargar todas as imaxes