O alcalde afirma que o novo sistema de limpeza de Vigo está á altura das grandes cidades europeas
O alcalde de Vigo, Lois Castrillo, e a concelleira de Limpeza, Isaura Abelairas, presentaron a nova maquinaria do servicio municipal de limpeza viaria. Investíronse máis de 5 millóns de euros en modernizar o servicio de limpeza de rúas e praias, que dende primeiros de ano conta con máis persoal e nova maquinaria, o que permitiu ampliar as zonas da cidade que diariamente son varridas e baldeadas.
Lois Castrillo asegurou que Vigo conta dende hai un mes cun servicio de limpeza de espacios públicos que non ten nada que envexar ao das grandes cidades europeas. O alcalde salientou que, ademais do varrido e baldeado diario das rúas, o Concello dispón de brigadas que realizan outros servicios como a limpeza de pintadas, a recollida de excrementos de animais, ou o peneirado e desinfección da area das praias.
A concelleira de Limpeza dixo que son 164 persoas as que traballan cada día na limpeza das vías públicas de Vigo. Tamén explicou a función dos novos vehículos que prestan este servicio:
6 baldeadoras para calzadas, 5 baldeadoras para baldeo mixto, 7 vehículos para varrido motorizado, 3 varredoras mecánicas de beirarrúas, 2 varredoras mecánicas de calzadas, 1 desbrozadora mecánica, 1 baldeadora mecánica de beirarrúas, 1 baldeadora decapadora, 1 equipo de limpeza de pintadas, 2 Motos Cytadine limpeza de excrementos, 3 vehículos varredores autopropulsados, 1 sopradora e 4 aspiradores impulsores de fosas sépticas.
Descargar todas as imaxes