O servicio de kanguros atendeu 2.373 solicitudes durante o ano pasado
O Servicio de Atención Domiciliaria á Infancia realizou o ano pasado 2.012 servicios á mulleres e 361 a colectivos. Este Servicio de Atención creado en 1991 depende da Concellería da Muller e está xestionado pola Asociación de Mulleres Progresistas.
A concelleira da Muller, Ana Gandón, presentou hoxe en rolda de prensa a memoria do ano pasado do devandito Servicio e lembrou que entre os motivos máis importantes polos que se realiza son aqueles que lles permiten ás mulleres participar en cursos de formación para a incorporación no mercado laboral, a asistencia a clases de graduado escolar e cursos de alfabetización así como probas de traballo.
O servicio, que consiste no coidado persoal das fillas e fillos menores de dez anos, faise na casa da beneficiaria desde a hora solicitada ata o seu regreso. Tamén cobre a demanda por parte de colectivos e préstase no centro onde as nais realicen a actividade.
O perfil das usuarias son mulleres de idades que oscilan entre os 20 e 49 anos, a súa maioría separadas e solteiras. A súa situación económica é bastante precaria, xa que hai unha porcentaxe moi elevada de responsabilidades familiares non compartidas, que se complica coa busca de emprego tendo que sacar a súa familia adiante sen axuda económica e familiar.
Para solicitar este servicio, as mulleres ou colectivos teñen que poñerse en contacto coa asistente social do Centro de Información Municipal da Muller que valora a solicitude e remite a documentación a Mulleres Progresistas.
Este servicio ten un presuposto de 19 millóns de pesetas que finanza na súa totalidade o Concello de Vigo sen ter cobertura económica de ningunha outra administración pública.
Descargar todas as imaxes