Escoitar

O alcalde recibe a unha uruguaia que ofrecerá unha conferencia de denuncia das dictaduras

venres, 29 xuñ 2001
imx398.jpg
O alcalde Lois Castrillo recibiu a Sara Méndez, unha cidadá de Uruguai que a CIG-emigración trouxo a Vigo para dar a coñecer a situación dos países nos que está instaurada a dictadura.

O alcalde interesouse polo testemuño de Sara Méndez que participará nun coloquio no que contará as súas experiencias como supervivinte da dictadura e da busca do seu fillo desde hai 25 anos. O acto será ás 20:00 horas no salón de actos do local da CIG (Gregorio Espino, 47)
Descargar todas as imaxes