Escoitar

Pantalla en Castrelos para ver o partido do Celta

venres, 29 xuñ 2001
O Concello instalará no auditorio de Castrelos unha pantalla xigante para que os seguidores do Celta poidan ver o partido da final da Copa do Rei. A cita será este sábado a partir das 19:30 horas.

Para esa tarde haberá medidas de seguridade no auditorio: o aforo máximo na parte inferior do recinto será de 5.000 persoas: prohíbese a entreda con bengalas e petardos. Para os máis cativos están programadas actuacións e xogos.

Se o Celta gaña cortarase ó tráfico a praza de América tralo partido. Os xogadores chegarán entre as 4:00 e 5:00 da mañá ó aeroporto de Peinador, onde estará prohibido o acceso de vehículos desde as 23:00 horas. Recoméndase que os afeccionados non suban ó aeroporto, xa que os xogadores trasladarase de forma inmediata en autobús ata a praza de América e, de alí, seguirán ata Balaídos.

O domingo partirán de Balaídos, ás 8 da tarde, ata a praza de América e irán ata a Casa do Concello, onde o equipo será recibido pola Corporación municipal ás 21:00 horas e ofreceralle a Copa á cidade na praza do Rei. Haberá un operativo no que participan a Policía Local, Cruz Vermella, Protección civil, Policía Nacional e Garda civil.