Escoitar

Dolores Villarino inaugura a segunda fase de remodelación da ”rúa do Polbo”

xoves, 28 xuñ 2001
imx389.jpg
A concelleira de Turismo, Dolores Villarino, inaugurou a segunda fase de remodelación da rúa Laxe, que se acolle ó plan de excelencia turística, co obxectivo de consolidar esta zona no circuíto de tapeo e de promoción gastronómica que se pretende instaurar no casco histórico.

A remodelación da rúa consistiu na peonilización e no desenvolvemento de actividades de carácter gastronómico e cultural. Promocionouse a venda de polbo por iniciativa dun grupo de hostaleiros como un punto de atracción de visitantes e turistas que poden achegárense a esta zona para degustar este prato típico galego e disfrutar de actuacións de grupos en directo.

O plan de excelencia promovido pola Concellería de Turismo pretende a recuperación de espacios públicos para uso e disfrute dos cidadáns. Os hostaleiros colocaron carpas e tarimas de madeira para a ampliación das terrazas coa intención de que poidan seren utilizadas todo o ano, contribuíndo á desestacionalización da demanda.
Descargar todas as imaxes