Escoitar

Un convenio asinado pola concelleira da Muller permitirá a difusión dos fondos bibliográficos de Alecrín

mércores, 27 xuñ 2001
A Concellería da Muller asinou un convenio de colaboración para garantir o libre acceso do público ó centro de documentación e biblioteca da asociación Alecrín, que conta con 6.000 volumes específicos sobre a muller. A aportación do Concello será de 6 millóns de pesetas.

”Con este convenio apóiase a aquelas asociacións de mulleres que son quen de poñer en marcha recursos e servicios para a cidadanía”, explicou a concelleira Ana Gandón. O centro de documentación é un recurso útil para facilitar a investigación e conta co asesoramento do persoal da biblioteca.

A presidenta de Alecrín, Ana Míguez, explicou que a biblioteca está integrada na Rede de Centros de Documentación de Mulleres e na Rede María Moliner, o que facilita o acceso a un meirande volume de información para os usuarios do servicio.

O Centro de Documentación e Biblioteca Alecrín deberá realizar a difusión selectiva da información ó conxunto das asociacións de mulleres de Vigo e ós centros de ensino públicos e artellar un servicio de teledocumentación con temas de interese relacionados coa muller.