Escoitar

O Concello porá autobuses gratuítos para acudir á final de Sevilla

martes, 26 xuñ 2001
O Concello de Vigo porá 20 autobuses gratuítos a disposición dos afeccionados que queiran desprazarse a Sevilla para asistir á final da copa do Rei. As persoas que desexen reservar unha praza nalgún destes autocares terán que se dirixir ás oficinas do Real Club Celta.

O Concello vai instalar no auditorio de Castrelos unha pantalla xigante na que se proxectará o partido. O auditorio abrirá as súas portas ás 20:00 horas. No exterior instalaranse xogos infantís.