A Mancomunidade de Vigo formou a máis de mil persoas nas escolas obradoiro
Máis de 1.100 desempregados do entorno da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo e da provincia pontevedresa participaron nalgunha das 70 sesións formativas que se celebraron nas 30 escolas e obradoiros da provincia de Pontevedra coas que colaborou a Unidade de Promoción e Desenvolvemento (UPD).
Tralos dous anos e medio de andaina da Unidade, hoxe tivo lugar a clausura formal nun acto celebrado no Concello de Vigo coa presencia do actual presidente da Mancomuidade e alcalde de Vigo, Lois Pérez Castrillo, do delegado da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, Joaquín Macías e do director do EPD, Xabier Méndez.
A principal tarefa desenvolvida pola (UPD) da Maiv consistiu no apoio a este alumnado na súa inserción laboral. Entre as ensinanzas que se impartiron destacan albanelería, cantería, carpintería, xardinería e electricidade entre outras. En canto ó alumnado predominaron os homes cun 70%.
Esta entidade creouse en decembro de 1998 e a súa actividade remata a finais deste mes despois de dous anos e medio no que este equipo interdisciplinar, cofinanciado pola Consellería de Familia, Muller e Xuventude e o Fondo Social Europeo, realizase numerosos proxectos de desenvolvemento territorial, potenciase as políticas activas de emprego no ámbito local e apoiase os programas de escolas obradoiro e obradoiros de emprego na provincia de Pontevedra. Asemade, a UPD proporcionou asesoramento continuado ás escolas e obradoiros tamén con medios telemáticos e involucrouse en xestar programas europeos no ámbito do emprego do desemprego (Equal e Proder II) para a Mancomunidade de Vigo.
Unha das primeras actividades desenvolvidas pola UPD consistiu na elaboración do Plan de Acción da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo para o período 1999-2003 así como a redacción do Estudio Socioeconómico da área de Vigo.
Co obxectivo de facilita-lo acceso dos desempregados ó autoemprego, a UPD colaborou coa Xunta e co Servicio de Asesoramento a Emprendedores na elaboración da “Guía práctica para crear unha empresa” e “Guía práctica para a actividade pesqueira e marisqueira”.
En canto ás actividades de promoción de iniciativas de emprego, a UPD durante este período mantivo servicios de asesoramento a Concellos para o deseño e redacción de proxectos de escolas obradoiro e obradoiros de emprego, actividades que se concretan en 45 accións de asesoramento e na elaboración de 20 proxectos de escolas obradoiro e obradoiros de emprego. Entre eles destacan a Escola Obradoiro “Mar de Vigo”, o Obradoiro de Emprego “Bidueiro” da Fundación Erguete-Integración ou o Obradoiro de Emprego de Tomiño que están xa en marcha na provincia e outros, como os obradoiros de emprego de Nigrán, Vilanova de Arousa e O Rosal que se poñen en marcha neste momento.
Durante os dous anos e medio de actividade a UPD contou cun financiamento de preto de 125 millóns de pesetas para desenvolver tódalas actividades que se recollerán nunha memoria de actuación deste proxecto.
De cara ó futuro, a Mancomunidade de Vigo prevé dar continuidade ós servicios que se viñan prestando dende a UPD ante a gran demanda existente na actualidade.