Escoitar

O Concello construirá unha pista polideportiva no parque da Riouxa

luns, 25 xuñ 2001
O Concello vai construír unha pista polideportiva no parque da Riouxa, en Teis. A Comisión de Goberno aprobou hoxe o prego de condicións para a contratación desa obra, na que a Concellería de Deportes vai investir 13 millóns de pesetas.

A pista polideportiva situarase nas proximidades da entrada do parque da Riouxa. Nela poderanse practicar diferentes especialidades: fútbol sala, baloncesto, voleibol...

Esta actuación está inserida no Plan de Dotacións Deportivas nos Barrios posto en marcha pola Concellería de Deportes que dirixe Santiago Domínguez Olveira. Ese programa inclúe a creación e mellora de zonas deportivas en Zamáns, Cabral, Candeán, Saiáns e Bouzas entroutros lugares do municipio.

Subvencións a entidades deportivas

A Comisión de Goberno aprobou a concesión de subvencións a diversas entidades deportivas para a organización de eventos durante este ano. As axudas concedidas son as seguintes:

- Gran Premio Ciclista Meixoeiro ...... 100.000 ptas.
- Trofeo Festas de Vigo de Ciclismo ...... 100.000 ptas.
- Torneo Internacional de Loita ...... 175.000 ptas.
- Gran Premio Ciclista de Teis ...... 270.000 ptas.
- Trofeo Cidade de Vigo de Kárate ...... 650.000 ptas.