Electromecánicos aforrou o ano pasado máis de 10 millóns de pesetas no alumeado público a pesar de incrementar a súa potencia
A Concellería dos Servicios Electromecánicos tense marcado como obxectivo reducir a factura e o consumo na iluminación pública, mediante unha combinación de actuacións nas instalacións como son a adecuación da tarifa contratada con respecto a potencia instalada, a reducción do consumo mediante a instalación de lámpadas de maior rendemento lumínico pero de menor consumo e a corrección da enerxía reactiva, para evitar pagar un sobrerecargo.
Como consecuencia destas actuacións o Concello de Vigo pagou un 3´76% menos no ano 2000 con respecto ao 1999, polo que aforrou 10´453 millóns de pesetas, logrando diminuír o consumo un 1´82% (consumiuse 395.135 Kwh menos no 2000 con respecto ao 1999), e todo isto a pesar que as instalacións de iluminación pública seguen crecendo como o demostra o incremento do 0.628% da potencia instalada, xa que pasamos de ter 4.838´21 Kw no ano 1999 a 4.868´63 Kw no ano 2000, todo como o demostra o cadro abaixo reseñado.
”Conscientes de que podemos reducir aínda máis o consumo e producir un aforro económico maior, temos iniciado unha posta a punto do encendido e apagado da iluminación pública, adecuando ás horas de sol, actuando na reprogramación dos reloxios solares ou mecánicos e limpeza ou substitución das células fotoeléctricas, agardando con esta campaña aforrar da orde de entre 6 a 8 millóns de pesetas”, explicou o concelleiro de Servicios Electromecánicos, Henrique Viéitez.
Descargar todas as imaxes

ANO | POTENCIA INSTALADA | VARIACIÓN | CONSUMO | VARIACIÓN | PTS. | VARIACIÓN |
1998 | ||||||
1999 | 4.838 | 21.657.206 | 277.879.293 | |||
2000 | 4.869 | 100,629 | 21.262.071 | 98,176 | 267.425.606 | 96,238 |
2001 |