A Policía local localiza o coche que atropelou a un home na noite do sábado na Avenida de Europa
A Policía local conseguiu hoxe atopar o vehículo que na noite do pasado sábado atropelou un home de 34 anos na Avenida de Europa causándolle a morte. Os axentes localizaron o coche, un Citroen Xsara, nun taller mecánico da cidade. O vehículo, que presentaba evidentes sinais do accidente que sufrira, foi incautado e trasladado a comisaría.
A Policía local identificou tamén á propietaria do coche e á persoa que supostamente o conducía no momento do atropelo. Este individuo, veciño de Vigo, entregouse esta mesma mañá na comisaría de Policía de Ourense.
Con esta, xa son dúas ocasións neste mes nas que a Policía local consegue localizar coches implicados en atropelos nos que os conductores fuxiron despois do accidente. No outro caso, o atropelo producírase na Avenida da Florida e a víctima sufrira feridas de gravidade.