Traballadores do PROMIL reciben os seus diplomas nun acto no Auditorio Municipal
Os noventa e sete traballadores do Programa Municipal de Inserción Laboral (PROMIL) recolleron hoxe os diplomas que acreditan a formación recibida durante os primeiros quince días de contrato, dentro dun programa impartido polo Fondo de Promoción do Emprego-Fondo Formación. O acto de entrega estivo presidido polo concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego, Delfín Fernández Álvarez, e polo director rexional do Fondo Formación, Vicente Martínez Graña.
As especialidades impartidas neste proceso formativo, despois de detecta-las necesidades reais dos contratados, foron “Albanelería”, “Xardinería”, “Electricidade” e “Encargados”: no caso do curso de “Prevención de riscos laborais” contou coa presencia de tódolos beneficiarios do PROMIL (peóns, oficiais e encargados). En total nos cinco cursos, que se desenvolveron en instalacións da empresa, impartíronse 385 horas de formación que mellorarán o nivel de ocupabilidade destes traballadores, tendo en conta a súa reincorporación ó mercado laboral despois de participar durante 12 meses no PROMIL.
O Promil representa unha das principais referencias do Plan Municipal de Emprego, constituíndo unha nova ferramenta de apoio á inserción laboral dos/as desempregados/as de longa duración, e sendo unha experiencia pioneira na Comunidade Autónoma Galega. Estas contratacións regúlanse polo convenio colectivo do Plan Municipal de Emprego, que é un instrumento básico á hora de desenvolve-los plans e programas municipais de fomento de emprego.
A necesidade social foi determinante á hora do proceso de selección destas brigadas, ás que se presentaron máis de mil solicitudes na súa convocatoria deste ano 2001, valorándose, entre outros, o nivel de renda por unidade familiar, a antigüidade no desemprego e as cargas familiares. É importante destaca-lo programa formativo do que se benefician os/as contratados/as do Promil, xa que despois lles facilitará a súa reincorporación ó mercado laboral.
Descargar todas as imaxes