Concentración pola igualdade

O Colectivo de Lesbianas e Gais ”Legais” organizou onte unha concentración na rúa do Príncipe incluída nos actos da II Semana do Orgullo Lesbigai que patrocina a Concellería de Cultura.
O manifesto elaborado por este colectivo esixe, entre outros, combater a homofobia e a plena equiparación dos dereitos. Neste sentido, celebran as iniciativas de Izquierda Unida, PSOE, Iniciativa-Verds, BNG e Eusko Alkartasuna que presentaron recentemente ante as Cortes Xerais proposicións de modificación do Código Civil para recoñecer o dereito a contraer matrimonio. ”Co dereito ó matrimonio veñen outros dereitos ós que non temos acceso: o dereito a unha pensión, as garantías para os nosos fillos, o dereito a adoptar como parellas ou a herdar como parellas”, establece o manifesto.
O Colectivo de Lesbianas e Gais esixe das administracións públicas un compromiso claro con políticas efectivas de prevención e loita fronte a sida e o dereito a políticas sanitarias que teñan en conta a especifidade das lesbianas e mulleres bisexuais.
Esixen a gratuidade nos tratamentos de fecundación asistida con absoluto respecto á súa orientación sexual e o desenvolvemento de políticas destinadas a combater a situación de exclusión social e laboral na que se atopan lesbianas e mulleres bisexuais.
A gratuidade nos tratamentos de fecundación asistida con absoluto respecto á súa orientación sexual e a do tratamento integral de cambio de sexo, así como o recoñecemento e a regulación xurídica da realidade transexual, cunha óptica progresista e carente de prexuízos son outras das reivindicacións contidas no manifesto pola igualdade.
Descargar todas as imaxes