O Consello Municipal da Muller analizou as accións desenvolvidas contra a violencia
A concelleira de Muller, Ana Gandón, presentou onte o informe sobre as actuacións desenvolvidas no Plan de Acción Municipal de Violencia e anunciou a nova convocatoria de subvencións para o programa O Noso Tempo.
Ana Gandón deu conta da elaboración dunha guía profesional de recursos destinada a mulleres que traballan con víctimas da violencia que está previsto que se publique en setembro. Anunciou tamén a posta en marcha de concesión de axudas económicas, con carácter urxente, para as mulleres que saen da Casa de Acollida.
O programa de divulgación do Plan de Acción Municipal contra a Violencia e a sinatura dun convenio co departamento de Socioloxía da Universidade de Vigo para elaborar o II Plano de Igualdade son outras das accións emprendidas desde o Consello Municipal da Muller. O I Plano de Igualdade desenvolveuse do 1993-97 e logo procedeuse a unha fase de avaliación do mesmo.
O Consello Municipal tratou ademais os resultados do teléfono para mulleres víctimas da violencia (986-293963) que está operativo durante as 24 horas.
Anunciouse a nova convocatoria de subvencións do programa O Noso Tempo que sairá publicada o venres 22 de xuño na prensa e proximamente no Boletín Oficial da Provincia. Poderán acollerse a este programa monitores e empresas que organicen actividades destinadas á formación de mulleres.
A Federación Veciñal ”Eduardo Chao” organiza, a través da rede de mediadoras contra os malos tratos, unhas xornadas de formación que se desenvolverán no local deste colectivo situado na praza da Princesa.