O Pleno da Corporación debate as modificacións ao proxecto de mellora da Travesía de Vigo
O Pleno da Corporación municipal de Vigo vai debater o mércores, día 20, as modificacións introducidas polo Ministerio de Fomento no seu proxecto de mellora da Travesía de Vigo. O Ministerio pretende que o Concello avale o proxecto como paso previo para continuar as obras, interrompidas dende principios de ano.
O 26 de febreiro deste ano o Pleno do Concello adoptou o acordo de propoñerlle ao Ministerio de Fomento que introducise unha serie de cambios no Proxecto de Reforma da Travesía de Vigo para corrixir algunhas deficiencias e adaptalo ás necesidades da zona. Os cambios solicitados consistían na reducción da mediana nalgúns treitos, a construcción de rotondas, a mellora das redes de alumeado público e de drenaxe e a ampliación das beirarrúas entre as rúas Numancia e Bailén. O Ministerio decidiu aceptar todalas propostas agás a de ampliar as beirarrúas alegando que xa están rematadas. As modificacións recollidas polo Ministerio supoñen un aumento do 17,75% no presuposto inicial da obra.