O catro de outubro celebrarase o acto oficial de inauguración do próximo curso escolar
O Pleno do Consello Escolar Municipal acordou celebrar o catro de outubro o acto oficial de inauguración do curso escolar 2001-2001 e está a traballar sobre a persoa que pronuncie a ponencia inaugural así como a concreción dun acto musical de relevancia.
O Consello, que celebrou sesión plenaria o pasado xoves, tratou entre outros asuntos un informe da concelleira de Educación sobre o programa educativo “ Aprender a Convivir”. Ana Gandón deu conta dos parámetros de actuación desta iniciativa didáctica que pretende aprender a convivir co conflicto de forma natural e positiva, favorecendo unha reflexión sobre os hábitos de convivencia democrática nos centros escolares. Tamén informou do comezo da segunda fase do programa coa inscrición de centros públicos e concertados e o desenvolvemento de novos cursos de formación do profesorado.
A concelleira informou á comunidade educativa do novo emprazamento do Conservatorio de grao elemental e medio nunha parcela colindante coa Praza da Miñoca, que segundo o seu punto de vista permitirá mellorar o proxecto ó tratarse dun emprazamento idóneo nunha das arterias principais da cidade. O custe deste conservatorio ascende a case 450 millóns de pesetas, asumindo o Concello a construcción e a Xunta o equipamento.
O Pleno do Consello Escolar Municipal acordou “ instar ó Concello a que revise o tema das becas de comedor para tentar cubrir a totalidade do seu custe e instar á Administración Educativa competente a favorecer a oferta deste servicio complementario que ten que pasar por xeneralizar as becas ou axudas de comedor”. Na actualidade hai 32 comedores escolares nos centros de ensino público da cidade. Ana Gandón manifestou que unha das premisas da súa xestión é a dotación de comedores escolares nos centros de ensino píblico, e agarda seguir contando para isto co apoio e esforzo dos centros e as Ampas.
Descargar todas as imaxes