“La mujer de negro”, de Susan Hill: O terror do inexplicable
O ciclo de teatro MOARE, que organiza a Concellería de Cultura, presenta un novo estilo de escenografía coa representación da obra de Susan Hill, “La mujer de negro”, unha peza na que se mestura o suspense, incluso o terror, co drama dos personaxes que interveñen na trama. A obra representarase o xoves, día 21, ás 20.30h. no teatro-cine Fraga.
Dous actores de recoñecido prestixio, Emilio Gutiérrez Caba e Carlos Vicente dan vida ós personaxes da obra, que se desenvolve nun lugar inglés. A narrativa, a imaxinación, o medo e as aparicións mestúranse nunha peza teatral que foi considerada como unha das mellores do seu xénero.
A adaptación da obra de Susan Hill é de Stephen Mallatratt e a versión en castelán de Anna Gimeno e de J. Vicente Martínez Luciano. Rafael Calatayud é o director da posta en escena. Valenciano e titulado pola Escola Superior de Arte Dramática de Valencia, ten dirixido xa preto dunha trintena de espectáculos, a maioría dos cales foron galardoados con distintos premios na Comunidade Valenciana.
Emilio Gutiérrez Caba, valisoletano, pertence a unha das sagas de familias teatrais con máis prestixio na escena española. As súas aparicións en cine, teatro e televisión foron moi numerosas, case sempre relacionadas co xénero da comedia. Por ese motivo, Gutiérrez Caba mostrouse moi satisfeito cando xurdiu a oportunidade de facer un dos papeis protagonistas na adaptación da obra de Hill, afastado dos estereotipos de personaxes que ten representado ó longo da súa dilatada carreira profesional.
Con Emilio Gutiérrez Caba é tamén protagonista o catalán Carlos Vicente. A súa traxectoria artística comezou no ano 1984. Dende entón ten interpretado un importante número de obras, case sempre en Cataluña, así como ten participado en produccións de distintas televisións, tanto autonómicas como nacionais.
A posta en escena da obra recrea un enclave no que se suceden unha serie de acontecementos pouco explicables, ata que se producen as aparicións dunha dama, a muller de negro, que chega a obsesionar de tal xeito a un dos protagonistas que pon en dúbida todo o sentimento de equilibrio que presidira a súa vida ata a chegada á mansión.
Os espectadores que acudan a presencia-la representación veranse gratamente sorprendidos por unha obra orixinal, ben trenzada, cunha acción impensable e cunha intriga próxima ó terror que oprime a actores e público ata o derradeiro momento, antes de que caia o pano.
Unha oportunidade máis para contemplar un xénero teatral distinto, apaixonante e marcado pola calidade tanto do texto como dos actores, director e equipo técnico.
Descargar todas as imaxes