“ O Castro Bule”, festival xuvenil no Parque do Castro
O concelleiro de Xuventude, Santiago Domínguez, presentou hoxe “O Castro Bule” nas instalacións que a Concellería dispón no Parque do Castro. O festival, enmarcado dentro do programa “ Súbete ó Castro”, realizarase os próximos días 22 e 23 de xuño e consistirá en actuacións musicais, exhibición de grafities, actividades medioambientais e deportivas.
O concelleiro subliñou que os froitos do programa “ Súbete ó Castro”, aberto dende o mes de marzo, empezan a ser palpables. Máis de 2.500 mozos da cidade teñen participado nalgunha das actividades programas e un número importante de grupos xuvenís están autoxestionando as súas iniciativas co apoio do persoal técnico do programa.
Como resultado desta dinámica xuvenil xorde a iniciativa de realizar un festival de dous días que aglutine a tódolos grupos implicados. As actividades artéllanse nunha programación denominada “ street culture” e noutra chamada “ cultura natural”.
Street Culture
As actividades deste bloque son unha exhibición de grafities, co obxectivo de decorar os muros do antigo depósito de augas, acompañado da música de DJ’s e baile “breakdance”.
O venres a partir das nove da noite terá lugar unha sesión dos Castroconcertos coa participación de catro grupos representativos da “movida” xuvenil de Vigo: “ Red Run”, “ London Silver”, “La familia” e “ Paranoid”.
O sábado, día 23, terá lugar o campionato de skate e roller nas pistas na que se preve unha participación de 100 persoas. Os gañadores recibirán premios patrocinados por diversas casas comerciais.
Cultura Natural
Cultura Natural amosará os resultados dos abradoiros e actividades organizadas ó longo dos últimos meses do programa. Participarán o grupo Ecoloxista “Erva”, a Aula de Fotografía do Castro, o Club de Arqueros “ Nito Ruiz”, a Asociación Galega de Taijiquan. Tamén haberá un curso de globoflexia, tatuaxes de henna, cibercastro, así como a presentación dun xornal dirixido ó público xuvenil elaborado polos asistentes ó obradoiro de maquetación dixital.
Descargar todas as imaxes