Escoitar

Escolares vigueses participan nun programa de prevención de incendios forestais

xoves, 14 xuñ 2001
imx342.jpg
A concelleira de Educación, Ana Gandón, asistiu no colexio San Salvador de Teis ó desenvolvemento da unidade didáctica ”Arde a natureza” orientada á prevención dos incendios forestais. O alumnado atendeu as explicacións das causas do lume e do seu impacto ambiental nos bosques.

Neste programa participarán 583 alumnos de terceiro ciclo de primaria pertencentes a 16 centros de ensino. Entre os obxectivos que se pretenden conseguir mediante esta actividade, deseñada pola Concellería de Educación en colaboración con Forsai s.l., está recoñecer os incendios forestais como un dos máis graves problemas ambientais, económicos e sociais que sofre a comunidade galega.

Comprender o impacto negativo que producen os incendios forestais para a flora, fauna, solo, acuíferos e atmosfera: coñecer as normas básicas para a prevención e o procedemento a seguir en caso de detectar un incendio son outras das finalidades deste programa.

Explicouselles tamén ós rapaces a estructura, funcionamento e organización do Servicio de Defensa Contra Incendios Forestais.

A proxección dun diaporama, unha charla didáctica sobre o funcionamento do Servicio de Extinción de Incendios e a coordinación dos operativos para a rápida e eficaz actuación, un xogo de simulación de loita contra incendios e a proxección dun vídeo son constitúen os catro módulos dos que consta a actividade.
Descargar todas as imaxes