Escoitar

Xornadas de alfabetización de adultos ”Do cero ó infinito, a viaxe das palabras”

mércores, 13 xuñ 2001
A Asociación de Mulleres Progresistas de Vigo organiza as primeiras xornadas de alfabetización de adultos que foron inauguradas polo alcalde do Concello de Vigo, Lois Pérez Castrillo, e serán clausuradas pola concelleira de Educación e Muller, Ana Gandón.

Os cursos de alfabetización de Mulleres Progresistas véñense desenvolvendo desde hai cinco anos en 11 locais de asociacións veciñais. Na actualidade, hai sobre 120 persoas que reciben clases de lecto-escritura e cálculo. O 95% dos participantes son mulleres maiores que non tiveron oportunidade de incorporárense ós centros de ensino durante a infancia.

Este encontro divulgativo e participativo pretende analizar, valorar, reflexionar e actuar sobre as iniciativas que potencien o recoñecemento da condición e situación das mulleres en tódolos espacios da vida pública e privada. As xornadas están dirixidas a alumnos, profesores e participantes de proxectos de alfabetización, así como a tódolos interesados.