Escoitar

A construcción bateu o pasado ano records históricos en Vigo

martes, 12 xuñ 2001
A obra presupostada en Vigo durante o pasado ano acadou un volume de 37.945 millóns de pesetas, o que supón un récord na historia da cidade. O dato extraeuse dos proxectos de construcción e instalación presentados no Concello.

O volume de obra presupostada en Vigo experimentou un crecemento espectacular con respecto a anos anteriores. O incremento foi do 98,75% respecto ao ano 1999 (19.091 millóns de pesetas).

Segundo o concelleiro de Urbanismo, Xavier Toba, vai ser difícil superar a curto prazo este rexistro, aínda que a posta en marcha do PAU de Navia e a execución este ano doutros grandes proxectos de infraestructuras na cidade permitirán que a construcción se manteña nun alto nivel de actividade.