O Concello e a Xunta suscriben un convenio para o financiamento e seguimento da redacción do PXOU
O alcalde Lois Pérez Castrillo e o conselleiro José Cuíña asinaron un convenio para elaborar un novo Plan Xeral de Ordenación Urbana, adaptado á Lei do Solo de Galicia e ó novo marco xurídico estatal, que procurará o desenvolvemento urbanístico equilibrado e sostible para contribuír ó progreso económico e social de Vigo.
O obxecto do convenio é establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Vigo para a redacción do Pxou. A Administración autonómica, a través da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, asumiu o compromiso de achegar 100 millóns de pesetas, repartidos en tres anualidades, para a redacción do plan, o que supón un 50% do custo previsto. Pola súa parte, o Concello de Vigo, ademais do cofinanciamento, deberá comprometerse a realizar as actuacións oportunas para a adxudicación do contrato de redacción do plan. Comprométese, así mesmo, a incorporar na mesa de contratación un representante da Consellería de Política Territorial.
Crearase unha comisión de seguimento, integrada por seis membros de ámbalas partes, para o impulso e interpretación das accións establecidas no convenio.
A vixencia do convenio esténdese ata o remate das actuacións, cando sexan recibidas de conformidade polo Concello, non podendo exceder do 31 de decembro de 2003.
Descargar todas as imaxes