O Concello inspeccionará tódolos taxis de Vigo
O Goberno municipal acaba de decidir, a proposta da Concellería de Tráfico, Seguridade e Transportes, realizar unha exhaustiva campaña de revisión dos taxis da cidade. No prazo dun ano, serán sometidos a inspección tódolos vehículos que prestan este servicio no municipio.
A revisión terá dúas vertentes: unha centrada nos aspectos técnicos dos vehículos, que se desenvolverá nas instalacións do parque móbil do Concello: e a outra dirixida a comprobar que esté en orde a documentación administrativa dos titulares das licencias e tamén dos asalariados que traballan neste servicio público.
O obxectivo deste traballo inspector é o de garantirlle aos cidadáns que poden utilizar con total confianza o servicio de taxi en Vigo.