II Trofeo Cidade de Vigo de Kárate
A Concellería de Deportes, a través do Instituto Municipal dos Deportes, patrocina o II Trofeo Cidade de Vigo de Kárate que se celebrará o 9 de xuño ás 18:00 horas no pavillón das Travesas. A entrega de medallas e trofeos será ás 20:30 horas.
Participarán neste trofeo dous campións de España e os competidores galegos que conseguiron tres medallas este ano, Lorena Soto (sub campiona de España) e Noe Teixeiro (campión de España universitario e terceiro clasificado no campionato de España). Participará tamén Alberto Álvarez Taboada, elixido mellor deportista galego, que volve á competición despois de ter conseguido o cuarto posto na categoría Open do campionato de España.
Descargar todas as imaxes