Aprobados os estatutos da Fundación Vigo en Deporte
O Pleno de Concello aprobou hoxe os estatutos para a constitución da ”Fundación Vigo en Deporte” que ten como obxecto o fomento e promoción do deporte a través do apoio, difusión e axudas ás entidades deportivas de alto nivel da cidade de Vigo.
A Fundación constitúese polo Concello de Vigo, Caixanova, Pescanova e PSA Peugeot Citroën, de interese xeral galego e sen ánimo de lucro.
A Fundación pretende tamén a consolidación dos grandes eventos deportivos que xenera a cidade de Vigo, como medio de promoción e difusión da cultura deportiva, posibilitando un maior achegamento a tódolos cidadáns e do resto da sociedade en xeral.
ESTATUTOS DA FUNDACIÓN VIGO DEPORTE
TITULO PRIMEIRO
DISPOSICIÓNS XERAIS
Artº. 1.- Denominación e natureza
Ó amparo do dereito recoñecido no artigo 34.1 da Constitución Española, e de acordo co artígo 27-26º do Estatuto de Autonomía para Galicia, coa denominación de ”Fundación Vigo Deporte” (en adiante, Fundación), constitúese unha organización de natureza fundacional, de interese xeral galego, constituída sin ánimo de lucro, cun patrimonio afectado de modo duradeiro á realización dos fins de interese xeral propios da Institución.
Artº. 2.- Personalidade e capacidade
A Fundación constituída, unha vez inscrita no Rexistro Único de Fundacións de Interese Galego, ten personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar, puidendo en consecuencia realizar todos aqueles actos que sexan necesarios para o cumprimiento da finalidade para a que foi creada, con suxeición ó establecido no ordenamento xurídico.
Artº. 3.- Réxime
A Fundación rexerase pola Lei de Galicia 7/1983, de 22 de xuño, de Réxime das Fundacións de Interese Galego, pola Lei de Galicia 11/1991, de 8 de novembro, de reforma da anterior, polo Decreto 248/1992, de 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamiento do Protectorado das Fundacións de Interese Galego, pola Lei 30/1994, de 24 de novembre, de Fundacións e de Incentivos Fiscais á Participación Privada en Actividades de Interés Xeral, pola vontade do Fundador manifestada nestes Estatutos e demais lexislación de xeral aplicación.
Artº. 4.- Domicilio
O enderezo da Fundación radicará en Praza do Rei s/n no municipio de Vigo . O Padroado poderá promove-lo cambio de enderezo, mediante a oportuna modificación estatutaria, con inmediata comunicación ó Protectorado na forma prevista na lexislación vixente.
Artº. 5.- Ambito de actuación
A Fundación desenvolverá as súas actividades principalmente no territorio da Comunidad Autónoma Galega.
TITULO SEGUNDO
OBXECTO DA FUNDACIÓN
Artº. 6.- Fins
A Fundación ten por obxecto o fomento e promoción do deporte e a realización de actividades que beneficien o deporte da cidade de Vigo en particular e do resto da Sociedade en xeral.
O Padroado terá plena liberdade para determina-la actividade da Fundación, dentro dos seus fins, hacia aqueles obxectivos concretos que, a xuízo daquel, sexan os mais adecuados ou convintes en cada momento.
TITULO TERCEIRO
REGRAS BÁSICAS PARA A APLICACIÓN DOS RECURSOS Ó CUMPRIMIENTO DOS FINS FUNDACIONAIS E PARA A DETERMINACIÓN DOS BENEFICIARIOS
Artº. 7.- Destino de rendas e ingresos
1.- Á realización dos fins fundacionais deberá ser destinado, polo menos, o oitenta por cento das rendas ou calquera outros ingresos netos que, previa deducción de impostos, obteña a Fundación, debéndose destina-lo resto, deducidos os gastos de administración, a incrementa-la dotación fundacional.
2.- Os gastos de administración non poderán superar a porcentaxe fixada na lexislación vixente.
Artº. 8.- Beneficiarios da Fundación
Serán beneficiarios da Fundación as persoas físicas e xurídicas que reúnan as seguientes condicións:
a) Capacidade individual ou de equipo para destacar no deporte.
b) Necesidades materiais ou físicas para o desenrolo de actividades deportivas.
c) Grao de difusión que poda ter na poboación o acontecemento ou a actividade deportiva.
d) Vinculación á cidade de Vigo dos deportistas e equipos nas actividades ou eventos organizados no Concello.
e) Necesidades formativas nos distintos estamentos do deporte afincados na cidade de Vigo.
f) Necesidades culturais no ámbito deportivo.
A determinación dos beneficiarios efectuarase polo Padroado con criterios de imparcialidade e non discriminación.
TITULO CUARTO
GOBERNO DA FUNDACIÓN
Artº. 9.- Natureza
O Padroado é o órgano de goberno, representación e administración da Fundación que executará as funcións que lle corresponde con suxeición ó disposto no Ordenamento Xurídico e os presentes Estatutos.
Artº. 10.- Composición do Padroado.
O Padroado quedará composto por un número inicial de sete membros e nunca inferior a tres, designados na Acta fundacional. Poden ser designados membros do órgano de goberno, as personas físicas e xurídicas, a título particular ou por razón do cargo.
Artº. 11.- Duración do Mandato
Os membros do órgano do goberno desempeñarán as súas funcións durante dous anos, e podendo ser ou non reelexidos. En todo caso, serán patronos permanentes da Fundación, o alcalde e o concelleiro de deportes do Concello de Vigo.
Artº. 12.- Aceptación do cargo de patrono e substitución
Os membros do órgano de goberno entrarán a exerce-las súas funcións despois de acepta-lo cargo expresamente. Esta aceptación poderá facerse constar no outorgamento da carta fundacional, en documento público independiente ou en certificación do Padroado, coas firmas do Secretario e Presidente e faranse constar no Rexistro de Fundacións.
Producida unha vacante, no prazo máximo de seis meses, o Padroado designará unha persoa para ocupa-la mesma.
Artº. 13.- Cesamento dos membros do órgano de goberno.
1.- O cesamento dos membros do órgano de goberno da Fundación producirase nos supostos seguintes: por morte ou declaración de falecemento, así como por extinción da persona xurídica: por renuncia comunicada coas debidas formalidades: por incapacidade, inhabilitación ou incompatibilidade, de acordo co establecido na lei: por cese no cargo por razón do cal foron nomeados membros do Padroado: por resolución xudicial: polo transcurso do período do seu mandato, se foron nomeados por un determinado tempo.
2.- A renuncia será efectiva dende que se notifique ó Protectorado e deberá facerse na forma prevista para a aceptación do cargo de membro do Padroado.
Artº. 14.- Organización do Padroado
Designarase de entre os membros do Padroado, un Presidente, Vicepresidente e un Secretario.
Artº. 15.- O Presidente
Ó Presidente correspóndelle convoca-las reunións do Padroado, presidilas, dirixir os seus debates e, no seu caso, executa-los acordos, podendo para elo realizar toda clase de actos e asinar aqueles documentos necesarios a tal fin.
Artº. 16.- O Vicepresidente
Corresponderá ó Vicepresidente realiza-las funcións de Presidente nos casos de estar vacante o posto por ausencia ou enfermidade, podendo actuar tamén en representación da Fundación, naqueles supostos que así se determine por acordo do Padroado.
Artº. 17.- O Secretario
Son funcións do Secretario a custodia da documentación pertencente á Fundación, levanta-las actas correspondentes ás reunións do Padroado, expedir certificacións e os informes que sexan necesarios e, todas aquelas que expresamente lle deleguen. Nos casos de enfermidade, ausencia ou vacante, fará as funcións de Secretario o vocal de menor idade do Padroado.
Artº. 18.- Facultades do Padroado
Correspóndelle ó Padroado o goberno, a representación e administración da Fundación, así como a modificación dos presentes Estatutos, nos términos establecidos na lexislación vixente.
Con independencia das funcións que lle outorgan os presentes Estatutos, e sen prexuizo de solicitar, no seu caso, as preceptivas autorizacións ó Protectorado, a título meramente enunciativo, serán facultades do Padroado:
a) A elección de novos membros do Padroado.
b) O cesamento de membros que figuren na Carta Fundacional.
c) Crear órganos de xerencia e dirección, nomear ás persoas para ocupa-los e outorgarlles os poderes correspondentes.
d) Os actos e negocios xurídicos concernentes á representación xudicial e extraxudicial e goberno da Fundación,así como a libre administración e disposición de tódolos bens que integren o seu patrimonio e productos do exercicio de tódolos dereitos e accións, dentro das disposicións estatutarias e legais.
e) Aproba-las liquidacións de presupostos, o inventario, balance e a memoria anual das actividades.
f) Aproba-las modificacións necesarias das inversións de capital fundacional.
g) Interpreta-los Estatutos e establece-las normas complementarias que sexan pertinentes, de acordo coa lexislación vixente así como resolver tódalas incidencias legais que se deriven da propia actividade.
h) Acorda-las modificacións dos Estatutos.
i) Decidir en relación co desenrolo das actividades da Fundación, aproba-los programas de actuación e os presupostos.
j) Acordar, se así o considera convinte , a constitución da Comisión Asesora e do Comité Benefactor, determinando as súas atribucións, a forma de designación e cesamento dos seus membros e a forma de deliberar e tomar acordos.
k) En xeral realizar tódolos actos e intervir en negocios xurídicos e outorgar calquer contrato que fose convinte para unha mellor administración e disposición das ventas e bens e para o exercicio dos dereitos, accións e facultades que procedan para a mellor realización e cumprimento das finalidades fundacionais.
O órgano de goberno poderá delega-las súas facultades en un ou mais de un dos seus membros e nomear apoderados xerais ou especiais con funcións e responsabilidades mancomunadas ou solidarias. No son delegables a aprobación das contas, a formulación de presupuestos, o alleamento e o gravame dos bens inmobles, das obras de arte e dos bens patrimoniais histórico-artísticos e documentais, así como os valores mobiliarios non cotizados en bolsa, nin calqueroutro acto que precise a autorización ou aprobación do protectorado.
Artº. 19.- Reunións do Padroado e convocatoria
O Padroado reunirase, polo menos, dúas veces o ano e tantas veces sexa preciso para a boa marcha da Fundación. Correspóndelle ó Presidente convoca-las reunións do mesmo.
A convocatoria farase chegar a cada un dos membros, polo menos, con cinco días de antelación á data da súa celebración, utilizando un medio que permita deixar constancia da súa recepción. Na mesma farase constar o lugar, día e hora de celebración da reunión, acompañándose, asimesmo a orde do día.
Non será preciso convocatoria previa cando se encontren presentes tódolos membros do órgano de goberno e acorden por unanimidade a celebración da reunión.
Artº. 20.- Forma de deliberar e tomar acordos
As reunións do Padroado entenderanse válidamente constituídas cuando concurran a elas, presentes ou representados na forma indicada no apartado 3 do artigo 6 do Decreto 248/1992, de 18 de xuño, polo menos a metade mais un dos seus membros.
Os acordos adoptaranse por maioría absoluta dos asistentes, e será dirimente en caso de empate o voto do seu presidente.
Será necesario o voto favorable das dúas terceiras partes dos asistentes sempre que, ademais, supoña maioría absoluta do número dos seus membros, para a adopción dos acordos en que así se estableza expresamente no Regulamento de Organización e Funcionamento do Protectorado das Fundacións de Interese Galego.
Das reunións do Padroado levantarase polo Secretario a correspondente Acta, que deberá ser subscrita e aprobada por tódolos membros presentes na mesma.
Transcribirase ó correspondiente libro e será asinada polo Secretario co Visto e Prace do Presidente.
Artº.21.- Obrigas do Padroado
Na súa actuación o Padroado deberá axustarse ó preceptuado na lexislación vixente e á vontade do fundador manifestada nestes Estatutos.
Correspóndelle ó Padroado cumpli-los fins fundacionais e administra-los bens e dereitos que integran o patrimonio da Fundación mantendo plenamente o rendemento e utilidade dos mesmos.
O Padroado dará información suficiente dos fins e actividades da Fundación para que sexan coñecidos polos seus enventuais beneficiarios e demás interesados.
Artº.22.- Obrigas e responsabilidades dos membros do órgano de goberno
Entre outras, son obrigas dos membros do órgano de goberno facer que se cumpran os fins da Fundación, concurrir ás reunións ás que sexan convocados, desempeña-lo cargo coa dilixencia dun representante leal, manter, en bo estado de conservación e producción os bens e valores da Fundación e cumprir nas súas actuacións co determinado nas disposicións legais vixentes e nos presentes Estatutos.
Os membros do órgano de goberno responderán fronte á Fundación dos danos e prexuizos que causen por actos contrarios á Lei ou ós Estatutos ou polos realizados neglixentemente. Quedarán exentos de responsabilidade quenes se opuxeran expresamente ó acordo determinante da mesma ou non participaran na súa adopción.
Artº.23.-Axudas de custos e remuneracións.
Os membros do órgano de goberno exercerán o seu cargo de forma gratuita sen que en ningún caso poidan percibir retribución polo desempeño da súa función.
Os membros do órgano de goberno terán dereito a lles sexan reembolsados os gastos debidamente xustificados que o desempeño da súa función lles ocasione.
Artº.24.- Regulamento interno
A Fundación poderá crear un regulamento interno que regule as normas de funcionamento de acordo coa legalidade vixente.
Artº.25.- Comité Asesor
Poderase crear un Comité Asesor de carácter consultivo integrado por un mínimo de tres e un máximo de doce membros que poderán ser nomeados e revogados de forma regulada polo Padroado da Fundación, entre aquelas persoas que representen a entidades deportivas, federacións e deportistas que traballan pola cidade de Vigo.
O Padroado poderá elexir a un representante deste Comité para que forme parte del con voz e voto. O resto dos membros poderán asistir invitados ás reunións do Padroado.
Artº.26.- Comité Benefactor
Poderase crear un Comité Benefactor de carácter consultivo, integrado por un mínimo de tres e un máximo de oito membros que poderán ser nomeados e revogados de forma regulada polo Padroado da Fundación, entre aquelas persoas que representen ás empresas benefactoras da Fundación.

TITULO QUINTO
REXIME ECONOMICO
Artº. 27.- Patrimonio Fundacional
O capital da Fundación estará integrado por tódolos bens e dereitos susceptibles de valoración económica, que constitúen a dotación inicial da Fundación, e por aqueloutros que no sucesivo se aporten á mesma con ese carácter.
Uns e outros deberán figurar a nome da Fundación e constar no seu inventario e no Rexistro de Fundacións. Os que sexan susceptibles de inscripción, inscribiránse nos rexistros correspondentes.
Artº.28.- Constitución do patrimonio
O patrimonio da Fundación pode estar constituído por toda clase de bens e dereitos.
Artº.29.- Adscrición do Patrimonio Fundacional
Os bens e dereitos que conforman o Patrimonio, así como as rendas que produzan, quedarán vinculados dunha maneira directa e inmediata ó cumprimento dos fins que a Fundación persegue.
Artº. 30.- Da Financiación
A Fundación, para o desenvolvemento das súas actividades, financiarase cos recursos que proveñan do rendemento do seu Patrimonio e, no seu caso, con aqueloutros procedentes das axudas, subvencións ou donacións que reciba de persoas ou entidades, tanto públicas coma privadas.
A Fundación poderá percibir cantidades derivadas de actividades e servicios directamente prestadas por ela ós seus beneficiarios na forma e cos requisitos establecidos no artigo 21.2 do Regulamento de Organización e Funcionamento do Protectorado das Fundacións de Interese Galego. As cantidades que excepcionalmente poda percibi-la Fundación do conxunto dos seus beneficiarios non poderán exceder do custe real do servicio ou da prestación, sen marxen comercial de ningunha clase.
Artº 31.- Réxime Financieiro
Na xestión económico-financieira, a Fundación rexirase polos principios e criterios xerais determinados na normativa vixente.
A Fundación levará aqueles libros que sexan convintes para o bon orde e desenvolvemento das súas actividades, así como para o adecuado control da súa contabilidade. Será en todo caso necesario formular e levar os seguintes libros e documentación:
a) Inventario- balance
b) Memoria
c) Presupostos e a súa liquidación
d) Libro diario
e) Libro de actas
Artº.32.- Confección de Presupostos, Rendición de Contas e Memoria Social de Actividades
Confeccionarase o presuposto correspondente ó ano seguinte, no que se recollerán, con claridade, os ingresos e os gastos, que deberá ser aprobado polo Padroado e remitido ó Protectorado, xunto cunha memoria explicativa, nos tres últimos meses do ano anterior.
Un exemplar do inventario-balance, a memoria anual e a liquidación do presuposto do ano precedente serán enviados anualmente ó Protectorado, dentro do prazo de seis meses seguintes á data de peche do exercicio, acompañados de certificación expresiva de que todos eles son fiel refrexo da contabilidade.
TITULO SEXTO
DA MODIFICACIÓN, AGREGACIÓN OU EXTINCIÓN
Artº. 33- Modificación dos Estatutos
1.- Por acordo do Padroado, poderán seren modificados os presentes Estatutos, sempre que resulte conveniente ós intereses da Fundación e se cumpran os requisitos esixidos no artº 38 do Regulamento de Organización e funcionamento do Protectorado das Fundacións de Interese Galego.
2.- A modificación ou nova redacción dos Estatutos acordada polo Padroado comunicarase ó Protectorado
Artº.34.- Fusión con outra Fundación
O Padroado poderá propoñer ó Protectorado a fusión da Fundación con outra, previo acordo concertado ó efecto con esta última.
O acordo de fusión esixirá o cumprimento dos requisitos establecidos no artº.38.2 do Regulamento de Organización e Funcionamento do Protectordo das Fundacións de Interese Galego.
Artº.35.- Extinción da Fundación
A Fundación extinguirase polas causas, e de acordo cos procedementos establecidos pola lexislación vixente. Son de aplicación os artigos 29 da Lei 30/1.994, do 24 de novembro (BOE do 25 de novembro) de Fundacións e de Incentivos Fiscais á Participación Privada en Actividades de Interese Xeneral : 24 da Lei 7/1.983, do 22 de xuño , de Réxime das Fundacións de interese galego e 39 do Decreto 248/1.992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Organización e Funcionamento do Protectorado das Fundacións de interese galego.
Artº.36.- Liquidación e adxudicación do Patrimonio
En caso de extinción, ós bens daráselles o destino que o Padroado determine, de acordo co ordenado na Lexislación vixente.
CLÁUSULA ADICIONAL
En todo caso, o previsto nos presentes Estatutos non implica limitación ou substitución nas competencias que ó Protectorado atribúe a lexislación vixente, e moi especialmente en relación coas autorizacións ou limitacións ás que a Fundación expresamente se somete.
Vigo ,a 16 de Xuño do 2000
Descargar todas as imaxes