Escoitar

Fomento remite ao Concello o proxecto reformado de obra da Travesía de Vigo

mércores, 6 xuñ 2001
O Concello de Vigo acaba de recibir o “Proxecto Reformado de Mellora Local Acondicionamento da Travesía de Vigo”. O documento está a ser estudiado polos técnicos municipais. A intención do alcalde é a de sometelo a debate da Corporación municipal o máis pronto posible, para o que se convocará un Pleno extraordinario a vindeira semana.

O Pleno do Concello adoptara en febreiro o acordo de propoñerlle ao Ministerio de Fomento a introducción de diversas modificacións no proxecto de acondicionamento da Travesía de Vigo. Tras estudiar esas peticións, Fomento reformou o seu proxecto orixinal e remitiullo ao Concello para que proceda a súa aprobación. No caso de que a corporación de o visto e prace a esta proposta o Ministerio continuaría cos trámites de contratación da obra para que estas se executen o máis pronto posible.

Simultaneamente, o Concello está a preparar con Fomento e con Continente o proxecto de construcción do paso soterrado que se vai ubicar na confluencia da Travesía de Vigo coa rúa Aragón e que vai ser financiado pola sociedade comercial.