O Pleno extraordinario tratará o protocolo de colaboración entre o Concello e o Real Club Celta de Vigo
O Pleno da Corporación que se celebrará, en sesión extraordinaria, o xoves 7 de xuño tratará a proposta de aprobación de estatutos para a constitución da fundación “Vigo en Deporte” e o protocolo de colaboración entre o Concello de Vigo e o Real Club Celta de Vigo, SAD.
Pola súa parte, o Consello da Xerencia de Urbanismo inclúe na orde do día a aprobación definitiva do estudio de detalle no Camiño da Raposa, a toma de coñecemento do avance do Pepri do Casco Vello, cinco expedientes de infraccións urbanísticas e 63 de licencias de obras, actividades e instalacións, entre outros asuntos.