Douscentos rapaces participarán no II Campus Polideportivo Vigo 2001
O Concello de Vigo, a través do Instituto Municipal dos Deportes e en colaboración con tódolos equipos de elite da cidade, pon en marcha a segunda edición do Campus Polideportivo que se desenvolverá do 25 ó 29 de xuño no complexo das Travesas.
O Campus Polideportivo é un programa para que os nenos de 8 a 16 anos de idade poidan achegárense á práctica desde a iniciación e perfeccionamento da man das mellores entidades deportivas da cidade. Este programa pretende realizar unha serie de actividades deportivas e recreativas posibilitando o seu coñecemento.
O concelleiro Santiago Domínguez explicou que esta é unha experiencia pioneira no Estado español e contará tamén con actividades destinadas a discapacitados.
Baloncesto, balonmán, voleibol, fútbol sala e hoquei a patíns son algunhas das actividades previstas, ademais de xogos, natación, sendeirismo e unha visita ó estadio de fútbol de Balaídos. As entidades que colaboran son Celta Banco Simeón, Club Vigo de Voleibol, Octavio Pilotes Posada, Club Vigo Fútbol Sala, Cíes de Baloncesto, Hoquei Travesas, Xuvenil Voleibol e Amfiv.
As xornadas serán de 10:30 a 18:00 horas de luns a venres. Pola mañá realizaranse as actividades deportivas e, pola tarde, as complementarias. Os interesados en participar poden inscribirse no pavillón das Travesas. O prezo é de 5.000 pesetas e inclúe servicio de catering.
Descargar todas as imaxes