Escoitar

O Concello de Vigo é a primeira institución de Galicia que patrocina unha ”Semana do Orgullo Lesbigai”

venres, 8 xuñ 2001
imx320.jpg
O concelleiro de Cultura, Carlos G. Príncipe, presentou a II Semana do Orgullo Lesbigai que se desenvolverá do 12 ó 23 de xuño. Os actos programados inclúen proxeccións de películas, conferencias, unha sesión de Dj`s e unha cea na que se entregarán os premios ”Legais e ilegais 2001”.

”O Concello de Vigo é a primeira institución galega en asumir a responsabilidade democrática dos dereitos dos gais e lesbianas”, explicou Príncipe. Co patrocinio desta semana de actividades, organizada polo Colectivo de Lesbianas e Gais de Vigo, ofrécese o apoio institucional para que os cidadáns poidan vivir en libertade nunha cidade tolerante.

Príncipe explicou que, segundo os últimos datos do CIS, o 72% da poboación española está a favor de regular as parellas de gais e lesbianas. ”A organización destas xornadas en Vigo é un paso adiante para facer legal aquilo que é normal na sociedade”, sinalou o concelleiro.

O voceiro de Legais, Buxán, explicou que esta colaboración institucional supón un salto cuantitativo e cualitativo das actividades que viñan realizando os colectivos de gais e lesbianas.


PROGRAMA

CINEMA

Auditorio Municipal
(Acceso libre)


Martes, 12 de xuño ás 20:30 horas
Estrea en Vigo de ”De cabeza”
de Ana Kokkinos (Australia, 2000)

Ficha técnico artística da película:

HEAD ON (DE CABEZA) AUSTRALIA, 2000

FICHA TÉCNICA
Dirección:Ana Kokkinos
Producción: Jane Scott
Guión: Ana Kokkinos, André Bovell e Mira Robertson

FICHA ARTÍSTICA
Alex Dimitriades
Paul Capsis
Julian Garner

Duración: 104 minutos Cor - V.O.S.E.

SINOPSE: Ambientada en Melburne, paradigma da mestura de razas e culturas, a película fala dun mozo que non atopa seu lugar no mundo, distanciado das tradicións gregas da súa familia, da sociedade pola incapacidade de atopar traballo e distanciado do amor debido o seu gusto polos encontros sexuais de usar e tirar.


Mércores, 13 de xuño ás 20:30 horas
Estrea en Vigo de ”Cariño he enviado a los hombres
a la luna” de Marta Balletbó-Coll (España, 1998)

Ficha técnico artística da película:

CARIÑO HE ENVIADO A LOS HOMBRES A LA LUNA
(CARIÑO, MANDEI ÓS HOMES Á LÚA) ESPAÑA, 1998

FICHA TÉCNICA
Dirección, guión e producción:
Marta Balletbó-Coll
e Ana Simón Cerezo

FICHA ARTÍSTICA:
Cookie Rufino
Claudia Carassso
Marta Balletbó-Coll
Desi del Valle

Duración: 80 minutos Cor- V.O.S.E.

SINOPSE: Rosa non sabe como reflotar a venda da súa empresa de compresas, pide auxilio a Deus e lle contesta que abra un caixón onde atópanse as teses do efecto Mc. Guffin. Ela ponse en acción seguindo as instruccións.

Xoves, 14 de xuño ás 20:30 horas
Un clásico do cinema lésbico ”Lianna”
de John Sayles (USA, 1982)

Ficha técnico artística da película:

LIANNA (LIANNA) USA: 1982

FICHA TÉCNICA
Dirección:
John Sayles
Guión:
John Sayles
Producción:
Jeffrey Nelson

FICHA ARTÍSTICA:
Linda Griffiths
Jane Hallaren
John de Vries

Duración: 110 minutos Cor - V.O.S.E.

SINOPSE: Lianna, unha muller na trintena que atravesa unha crise e certa monotonía no seu matrimonio, séntese atraída por outra muller. Terá ademais que enfrontarse á violencia do seu marido.

Colabora: Cineclube Lumière

CONCENTRACIÓN POLA IGUALDADE

Mércores, 20 de xuño ás 20:30 horas
Rúa Príncipe (diante do antigos xulgados)



CONFERENCIAS

Casa Galega da Cultura
(Acceso libre)

Xoves, 21 de xuño ás 20:30 horas
”Matrimonio entre persoas do mesmo sexo.
Historia e estado actual da cuestión”
Por Juan A. Antonio Herrero Brasas,
Profesor de Ética e Política Pública
da Universidade do Estado de California

Venres, 22 de xuño ás 20:30 horas
”O cine dende diante e detrás da cámara,
dende dentro e dende fóra do armario”
Por Marta Balletbó-Coll,
Directora de Cine,
Realizadora de ”Costa Brava”

FESTA DE LEGAIS E SESIÓN DE DJ´S

Con DJ TUCHO (HS Compostela)
e DJ MY LADY (Xoán Anleo)

Venres, 22 de xuño a partir das 23:30 horas
Vip Space (Rúa Areal 18)
(Acceso con entrada)



CEA DE ENTREGA DOS PREMIOS LEGAIS E ILEGAIS 2001

Sábado, 23 de xuño ás 22:00 horas
Hotel NH Palacio de Vigo
(Rúa García Barbón)

Descargar todas as imaxes