Escoitar

O buzón de atención ó cidadán será o servicio complementario ó teléfono de información 010

martes, 12 xuñ 2001
imx335.jpg
A concelleira de Participación Cidadá, Mariló Cabaleiro, presentou o novo caixón de correo instalado na lonxa do Concello para que os vigueses poidan depositar formularios coas súas queixas ou suxestións sobre os aspectos que consideren oportunos.

Esta iniciativa vén complementar o obxectivo do teléfono 010, que consiste en achegarlle información ós cidadáns que a soliciten. A concelleira Mariló Cabaleiro explicou que este novo servicio conta co compromiso do Goberno municipal para procesar a información de forma diaria e garantiu que os cidadáns recibirán unha resposta puntual ás cuestións plantexadas. As queixas e suxestións enviaranse ó departamento municipal correspondente, que será o encargado de darlle resposta.

Outros buzóns coma este instalaranse nos centros de atención municipal dos barrios de Lavadores, Coia e Teis, que terán as mesmas características que o situado na lonxa da Casa do Concello.
Descargar todas as imaxes