Escoitar

Xornadas de alfabetización de adultos

martes, 12 xuñ 2001
“ Do cero ó infinito” a viaxe das palabras é o título das primeras xornadas de alfabetización de adultos e adultas que se celebran e mércores e que están organizadas pola Asociación de Mulleres Progresistas de Vigo. As xornadas están financiadas pola Concellería da Muller e terán lugar na aula sociocultural da Caixa Galicia.

As xornadas teñen como finalidade analizar, valorar, reflexionar e actuar sobre as iniciativas que potencien o recoñecemento da condición e situación das mulleres en tódolos espacios da vida pública e privada e en concreto do formativo.

No encontro participarán 125 persoas e están dirixidas a axentes, entidades sociais e económicas que promoven proxectos de alfabetización para persoas adultas, así como persoal técnico na rama educativa en xeral e enfocado á educación integral e formativa con mulleres especificamente.

As xornadas serán inauguradas polo alcalde de Vigo, Lois Pérez Castrillo, ás 10.30 h. As ponencias que se presentarán son “ A alfabetización e as novas necesidades sociais no século XXI” por Montserrat Sánchez da Rede Social e Educativa de Barcelona: “Aulas municipais de adultos/as” a cargo de Pilar Vilar, do Concello de Culleredo: “ Alfabetización de adultos/as dende a experiencia da exclusión social” por Montserrat Roca de Cáritas: “ A conquista polas mulleres do dereito á educación” a cargo de María Xose Rodríguez Galdo, catedrática de Historia da Universidade de Santiago.

Os relatorios da sesión da tarde son “ A formación de adultos/as: cara á integración social e laboral” a cargo de Antonia Toro e Mercedes Pachecho de Mulleres Progresistas: “ A formación do capital humano en Galicia 1860-1930. Unha análise comparativa” por Blanca Martínez Domínguez, profesora de Historia Económica da Universidade de Vigo.

As xornadas serán clausuradas ás 19.30h. pola concelleira da Muller, Ana Gandón.