Servicios mínimos do Concello de Vigo ante a convocatoria de folga xeral
A folga xeral convocada para o 15 de xuño pola UGT e CIG afectaralle á Administración municipal, que manterá unicamente aqueles servicios mínimos de carácter esencial que foron pactados coas centrais sindicais convocantes.
Os servicios mínimos a prestar polo persoal municipal durante a folga xeral convocada para o día 15 de xuño de 2001 serán os que a continuación se indican:
1. ADMINISTRACIÓN DE TRIBUTOS: Catro (4) persoas: a Xefa da Unidade de Tributos sobre Inmobles, por estar en período de cobranza os Padróns da Taxa de Lixo-Vivendas e Lixo-Industrial e outras tres que sirvan de atención ó público, e que serán designadas pola propia Xefatura.
2. ALCALDÍA : Unha (1) persoa de apoio administrativo á Alcaldía, a designar por esta, por ser un departamento especial dentro do organigrama do Concello, e requirindo dunha maior atención, tanto interna como de cara ó cidadán.
3. ATENCIÓN CIDADÁ: Dúas (2) persoas: unha Oficial Telefonista, a fin de soportar o servicio de transferencia de chamadas e dar soporte ós funcionarios que precisan comunicarse con exterior, e máis outra persoa para oficina de Información, a fin de facilita-la información ós cidadáns e atender ás demandas dos mesmos, designadas polo responsable do servicio.
4. BENESTAR SOCIAL: Dúas persoas (2): un Asistente Social e un Administrativo, polas propias características do traballo en situacións de emerxencia (desaloxos, lanzamentos, situacións puntuais de maltrato a menores, etc) así como a tramitación de expedientes de prestacións, que deben observar regulamentariamente os prazos, e nalgúns casos precisan contactar con outras Institucións en consulta coa presencia do propio usuario (RISGA, non contributivas, cheque asistencial, etc.).
5. CEDRO: Sete persoas (7), consonte o informe do Director do Centro, ó obxecto de garantir a prestación básica dos servicios de dispensación de metadona e a atención a eventualidades que precisa intervención inaprazable.
6. CEMITERIOS: Oito (8) persoas, tal e coma se solicita no informe do responsable do servicio, xa que non é posible prever as inhumacións e as exhumacións que estas puideran comportar, así como que a lei esixe que estas inhumacións se realicen obrigatoriamente entre as 24 e as 48 horas dende o pasamento.
7. CONSERXERÍA: Tres (3) persoas: un encargada da apertura das portas das diferentes dependencias municipais e atención do Servicio de Portería e outra asignada á Alcaldía, para o control de entrada e saída de persoal nas dependencias directas da Alcaldía, pola maña: e un conserxe responsable do Servicio de Portería e peche das dependencias municipais, de tarde.
8. EXTINCIÓN DE INCENDIOS: Todo o persoal que estea de servicio para ese día, tal e coma se recolle no informe do Xefe do Sector, toda vez que por debaixo dos efectivos reais correspondentes ó momento actual é imposible garanti-la operatividade do servicio con garantías mínimas de eficacia.
9. INFORMÁTICA : Unha (1) persoa, necesaria para manter operativos os ordenadores e as Redes de Comunicación do Concello.
10. INTERVENCIÓN: Tres (3) persoas: a Interventora Xeral, e dúas persoas de apoio Administrativo que designe a mesma, para dar cobertura ás posibilidades legais de depósito de avais e fianzas, as de formalizar ingresos e expedición de cartas de pago, así como información telefónica e de información sobre facturas e tramitación de pagos.
11. LABORATORIO : Unha (1) persoa con cualificación técnica para as análises microbiolóxicas, dada a súa especial natureza, que precisa dun control temporal determinado, e a posible presentación da algunha situación de emerxencia.
12. LIMPEZA: Unha (1) persoa encargada do control da Báscula, para control da pesaxe dos camións da recollida do lixo domiciliario e industrial na Planta de Guixar.
13. MUSEO QUIÑONES DE LEÓN: Dous (2) vixiantes, un de mañá e un de tarde, para ter aberto o museo ó público.
14. PARQUE CENTRAL: Tres (3) persoas: un oficial almaceneiro, para abrir as instalacións, control de presencia do persoal e control de materiais, de mañá: e dous vixiantes de instalacións, para vixilancia e control das instalacións, un de tarde e outro de noite.
15. PARQUE MÓBIL: Tres (3) persoas: dous oficiais mecánicos, un de mañá e outro de tarde, para reparacións de urxencia e subministro de combustibles ós vehículos que teñen servicio (Policía, Bombeiros, etc.): e un conductor palista para a quenda de noite, por se fose necesario retirar algún vehículo avariado ou mover material.
16. PARQUES E XARDÍNS: Tres (3) vixiantes: un para a quenda de mañá, outro de tarde e outro de noite , debido á necesidade de vixiar as instalacións municipais existentes nos Viveiros do Parque do Castro, onde existen vehículos, maquinaria e plantacións que é necesario regar diariamente.
17. UNIDADE DE PERSOAL: Unha (1) persoa (Administrativo ou Auxiliar) que se encargue da atención ó persoal que puidera sufrir calquera tipo de accidente de traballo durante a xornada, e cumplimentación do correspondente parte de accidentes destinado á asistencia sanitaria no hospital ou centro sanitario correspondente, a designar polo responsable da Unidade.
18. PROTECCIÓN CIVIL: Dúas (2) persoas: o Coordinador de Protección Civil, e un conductor, por tratarse de un servicio de emerxencia.
19. RÉXIME INTERIOR: Unha (1) persoa, o Inspector de persoal, para o seguimento e control de presencia do persoal municipal, a efectos de elaboración de estatísticas e informes relativos ó seguimento da folga, así como vixilancia do cumprimento dos servicios mínimos.
20. REXISTRO XERAL: Tres (3) persoas, para atención ó público en horario normal, ademais do trámite da documentación da Oferta de Emprego, así como da recollida de documentación a prazo de subvencións varias do Concello e, sobre todo, para rexistrar a gran cantidade de documentación que está recibindo e que supón un atraso para o seu envío.
21. SECRETARIA XERAL: Dúas (2) persoas: O Secretario Xeral, para as funcións a el legalmente reservadas, e unha persoa de apoio administrativo (Auxiliar ou Administrativo) a designar polo Secretario Xeral.
22. TESOURERÍA E RECADACIÓN: Catro (4) persoas: unha para recepción de Avales, Certificados, e cobros no Recadador 101, outra para cobros en período voluntario do imposto do lixo, e outra para efectuar pagos e ingresos, entrega de Avales, etc., ademais do Tesoureiro, para as funcións a el legalmente reservadas.
23. TRÁFICO E SEGURIDADE: Tres (3) persoas: dous operadores informáticos (mañá e tarde) para a Sala de control de tráfico, onde se controlan as incidencias e se adecúan programas informáticos de tráfico en función das circunstancias do mesmo en tempo real, en coordinación coa Policía Local: e unha persoa de apoio administrativo para a atención de reclamacións de multas de tráfico e outros expedientes que teñan prazo de caducidade.
24. VIGOZOO: Tres (3) coidadores: dous pola mañá, pola necesidade de limpa-los aloxamentos dos animais, así como subministrarlles auga e o alimento correspondente a cada aloxamento: e un pola tarde para controlar ós animais, sobre todo agora que é época de nacementos, ademais de vixiar as distintas instalacións.
25. XERENCIA DE URBANISMO: Dúas (2) persoas: Un técnico, para asistir á Alcaldía á hora de adoptar calquera medida urxente no eventual uso das facultades que o artigo 21.1.m) da Lei reguladora de Réxime Local lle confire ante un suposto de infortunio público, catástrofe ou situacións extraordinarias de grave risco (ruínas inminentes, afundas, derrubes, etc.): e outra persoa para o Rexistro de Urbanismo, que debe permanecer aberto ó público de xeito que se permita a recepción e saída de calquera documentación ou instancias por conducto oficial, e non se vexan afectados os prazos legais de prescrición e caducidade dos procedementos.
26. UNIVERSIDADE POPULAR: Dous conserxes (2): un de mañá e outro de tarde, para apertura, vixilancia e control das instalacións.
Os servicios non relacionados expresamente nos apartados anteriores do presente Decreto, non quedarán suxeitos a servicios mínimos.
Polos Xefes dos servicios municipais, informarase ó día seguinte á folga dos traballadores que asistiron ó traballo e así mesmo dos que incumpriron os servicios mínimos, se os houbera.
Pola Unidade de Persoal procederase a deducir ó persoal que participe na folga a parte proporcional dos seus haberes.
O persoal concreto que se inclúa nos “servicios mínimos” será designado polos xefes dos respectivos servicios debendo presentarse o día 14 ó longo da mañá na oficina de persoal para que se lle entregue a correspondente credencial acreditativa de que se encontra en servicios mínimos.