Escoitar

Animación Sociocultural patrocina un programa para dar a coñecer a historia de Vigo desde as súas parroquias

luns, 18 xuñ 2001
A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais emprenderá un programa denominado ”Memoria” co que pretende compilar materiais documentais e afondar no coñecemento da tradición e do pasado dos barrios de Vigo. A concelleira Isaura Abelairas explicou que se trata dunha forma de recuperar a cultura popular e de poñela en coñecemento de tódolos veciños.

Se á importancia de indagar o pasado dun lugar se lle engaden os matices de que os seus habitantes sexan os investigadores e protagonistas dos feitos, este traballo adquire unha relevancia que trascende á mera compilación de documentación histórica, segundo sinalaron os coordinadores do programa.

Cos traballos realizados organizaranse exposicións para dar a coñecer os resultados e editarase un libro que recollerá a historia de Vigo no seu conxunto.