Escoitar

O Pleno aproba a modificación do proxecto da Travesía de Vigo

mércores, 20 xuñ 2001
A Corporación Municipal aprobou, nun pleno extraordinario celebrado hoxe, o proxecto modificado das obras de acondicionamento da Travesía de Vigo remitido polo Ministerio de Fomento.

O novo proxecto remitido polo Ministerio recolle substancialmente as melloras propostas polo Concello , a excepción da ampliación das beirarrúas que permanecerán coa configuración do anterior proxecto. Os cambios solicitados consistían na reducción da mediana nalgúns treitos, a construcción de rotondas, a mellora das redes de alumeado público e de drenaxe e a ampliación das beirarrúas entre as rúas Numancia e Bailén.

A sesión plenaria de hoxe aproba tamén comunicar ó Ministerio de Fomento que concluídas as obras de acondicionamento da Travesía de Vigo, segundo os proxectos aprobados, e recibidas as mesmas, o Concello estaría en disposición de aceptar a cesión da titularidade de dita travesía.

Así mesmo a Corporación aprobou que unha vez que a Travesía de Vigo pase a titularidade municipal o Concello de Vigo procederá á ampliación das beirarrúas do xeito acordado.