Escoitar

A Corporación municipal dará a súa conformidade o xoves ao proxecto do segundo cinto

luns, 25 xuñ 2001
O Pleno da Corporación municipal dará a súa conformidade o vindeiro xoves ao proxecto de trazado do 2º cinto de circunvalación elaborado polo Ministerio de Fomento. Hoxe, tódolos grupos municipais expresaron o seu apoio á tramitación do proxecto no decurso dunha sesión extraordinaria do Consello da Xerencia de Urbanismo.

O Ministerio de Fomento solicitou a conformidade do Concello de Vigo antes de proceder á exposición pública do proxecto do vial de circunvalación que, partindo de Puxeiros, rematará en Navia. O Ministerio incluiu no documento algunhas propostas do Concello como o enlace co vial da Universidade, os enlaces coa urbanización de Navia, un falso túnel en Valadares e a ampliación de varios viaductos.