Escoitar

Cámbiase a data do concerto de Los Suaves, que tocarán o 6 de xullo nas Travesas, por coincidir coa final da Copa do Rei

martes, 26 xuñ 2001
imx381.jpg
A Concellería de Xuventude decidiu cambiar a data do concerto que ofrecerán Los Suaves no pavillón das Travesas despois de comprobar que o Celta xogará a final da Copa do Rei o vindeiro sábado 30 de xuño, cando estaba previsto que actuase o grupo ourensán. Los Suaves tocarán o 6 de xullo ás 22:30, precedidos de Kraken.

”Son moitos os afeccionados do Celta e os seguidores dos Suaves que nos solicitaron este cambio e tanto o grupo como a productora recoñecemos o contratempo de que ambos acontecementos coincidan e optamos por esta solución como a máis adecuada para poder seguir ambos eventos”, explicaron.

As persoas que xa dispoñan de entrada anticipada e que non poidan asistiren ó vindeiro venres 6 de xullo ó concerto poden recuperar o importe da mesma presentándoa, antes do mércores 4 de xullo, no punto de venda no que a adquiriron.
Descargar todas as imaxes