Escoitar

O Concello organiza actividades deportivas para o verán en colaboración con El Corte Inglés

mércores, 27 xuñ 2001
O concelleiro de Deportes, Santiago Domínguez, presentou o programa de promoción deportiva para o verán, realizado en colaboración con El Corte Inglés. Durante o período estival organizaranse cursos de tenis para tódalas idades e celebraranse diversas competicións entre as que está o Campionato de Vigo de Tenis, a Travesía a Nado da Ría, a Travesía en Kaiak. Ademais impartiranse clases de aeróbic na praia de Samil.

Na presentación estiveron presentes, ademais de Santiago Domínguez, o director técnico do Instituto Municipal dos Deportes, José Ángel Otero, e o xefe de Relacións Externas de El Corte Inglés, José Manuel Blanco.

As sesións de aeróbic, que se impartirán na praia de Samil, comezarán a partir do 15 de xullo e os interesados poderán participar de forma gratuíta.