Escoitar
O alcalde inaugurou unha mostra fotográfica das súas mobilizacións

O Concello de Vigo solidarízase cos traballadores de Sintel

xoves, 28 xuñ 2001
imx391.jpg
A Corporación municipal acordou, por unanimidade, amosar a súa solidariedade cos traballadores de Sintel nas súas reivindicacións e, en especial, cos cidadáns de Vigo que viven esta situación. Adoptou tamén a decisión de instar á Xunta de Galicia a súa intervención diante do Goberno central para que este desenvolva un plano de viabilidade para Sintel ou, no seu defecto, unha solución negociada cos traballadores.

Os traballadores de Sintel levan máis de 250 días de folga. Desde o pasado 29 de xaneiro, 1.800 traballadores (dos que 160 son galegos) atópanse acampados en 400 tendas ocupando un quilómetro de lonxitude no Paseo da Castellana, en Madrid. As traballadoras de SINTEL e as mulleres dos traballadores estiveron pechadas na catedral da Almudena desde o 24 de febreiro ata o 15 deste mes de xuño. Ese día abandonaron o peche para unírense ós seus compañeiros no campamento ante o anuncio do Goberno de se sentar a negociar.

Adebédanselle a estes traballadores máis de 10 mensualidades e a Fiscalía Especial Anticorrupción está investigando a denuncia presentada polo colectivo de traballadores pola venda fraudulenta de Sintel.

O Goberno pode forzar a Telefónica, mediante a Acción de Ouro, a negociar un acordo e dar solución a un conflicto que principiou sendo consecuencia de decisións políticas.

Na cidade de Vigo hai aproximadamente 35 familias nunha situación límite debido ó impago por parte da empresa dos honorarios dos traballladores.

Descargar todas as imaxes