Escoitar

Inauguración da antolóxica de Mario Rodríguez

venres, 29 xuñ 2001
imx397.jpg
O concelleiro de Cultura, Carlos G. Príncipe, inaugurou a exposición do pintor tomiñés Mario Rodríguez que permanecerá aberta ata o 22 xullo no primeiro andar da Casa das Artes.

É unha pintura absolutamente limpa, comprometida coa arte e coa beleza, indicou Príncipe. ”Esta obra de toda unha vida de Mario Rodríguez é unha homenaxe ó artista traballador e tamén unha mostra do recoñecemento que unha cidade plural como Vigo ten con aquelas persoas que, coma el, sempre viron na nosa cidade a liberdade e a igualdade de oportunidades”, expresou o concelleiro.

Mario Rodríguez explicou que o pintor ”retén as cousas e é un idealista que a través da cor plasma as vivencias na súa obra”.

Nacido en Tomiño en 1934, foi compañeiro de escola de Xabier Pousa. Emigrou a Arxentina e alí fixo amizade con Laxeiro, Luís Seoane, Isaac Díaz Pardo, Mercedes Ruibal, Eduardo Blanco Amor, Pablo Neruda e con outros exiliados republicanos. No 1967 trasládase a Londres e no 1990 expón en París na Societé des Artistes Independant, Grand Palais, con motivo do centenario de Vincent Van Gogh. A súa obra está espallada por museos, galerías e coleccións particulares en Brasil, México, Venezuela, Arxentina, Inglaterra, Francia, Alemaña, Portugal e España.
Descargar todas as imaxes