O Servicio de Normalización Lingüística edita un libro de receitas
O libro de receitas publicado polo Servicio de Normalización Lingüística do Concello de Vigo enmárcase na campaña ”Mercados de Vigo” dentro do obxectivo central de incrementar o coñecemento e uso do galego, así como de recuperar o seu prestixio e garantir a súa presencia en tódolos ámbitos.
O libro contén máis de cen receitas de entremeses: verduras, ensaladas e pastas: peixes e mariscos: carnes e sobremesas. Hai pratos de sinxela preparación e outros son máis laboriosos, pero todos eles conteñen productos típicos galegos, polo que non é difícil atopar os seus ingredientes no mercado.
Fíxose unha tiraxe de 750 exemplares que se distribuíron nas asociacións veciñais, medios de comunicación, editoriais, participantes nas xornadas organizadas polo departamento e entre os colaboradores que achegaron as receitas para elaborar o libro.
Descargar todas as imaxes