Escoitar

A praia da Fontaíña estrea unha nova pasarela de madeira

Abel Caballero visitou esta mañá a renovada infraestrutura do areal da parroquia de Coruxo. O Concello de Vigo investiu 48.000 euros. “É ampla, segura e camíñase moi ben”, destacou o rexedor.

xoves, 30 xul 2026

O alcalde afirmou que as obras de substitución e construción da nova pasarela e varanda enmárcanse no proxecto de recuperación de todo o ámbito e contorna da praia do Vao.
Lembrou que a estrutura anterior atopábase moi deteriorada e que a nova se realizou totalmente con madeira, o que lle proporciona un alto valor ecolóxico.

Descargar todas as imaxes