O Concello axiliza a concesión de licenzas urbanísticas para obras menores
Unha nova ordenanza urbanística permitirá iniciar obras menores con só unha comunicación previa e una declaración responsable. Trátase dunha axilización administrativa para mellorar os tempos de tramitación e fomentar a actividade económica.
O Concello avanza na simplificación da tramitación administrativa municipal e mañá a Xunta de Goberno aprobará o proxecto de nova ordenanza reguladora de licenzas. O obxectivo é axilizar os procedementos administrativos, fomentar a actividade económica e facilitar a implantación de solucións sostibles.
Tal e como explicou o alcalde, redúcense os tempos de tramitación e facilítase a realización de obras e actividades de baixo impacto, permitindo á cidadanía iniciar certos traballos presentando unicamente unha comunicación previa ou declaración responsable, sin necesidade de esperar licenza municipal. Esta reforma afecta especialmente a actuacións menores en vivendas e locais, así como á apertura de negocios de baixo risco. O texto inclúe novidades en materia de sostibilidade e mobilidade, regulando, por exemplo, a instalación de puntos de recarga de vehículos eléctricos e sistemas de enerxías renovables en cubertas de edificios.
Caballero aclarou que as obras en edificios históricos, de alto risco ou que afecten á estrutura ou elementos protexidos, seguirán requirindo da licenza urbanística tradicional, garantindo así a protección do patrimonio e a seguridade das actuacións. Respecto da tramitación, unha vez aprobada en Xunta de Goberno, o proxecto de ordenanza aprobarase inicialmente en Pleno. Posteriormente, someterase a información pública durante 30 días hábiles para que cidadanía e asociacións presenten alegacións e suxestións. Se non houbera alegacións, quedará aprobada definitivamente. No caso de habelas, será preciso elaborar un ditame sobre alegacións e posterior aprobación definitiva en Pleno.