Loito oficial en Vigo coas bandeiras a media hasta
O alcalde informou este martes que o Concello de Vigo se une aos tres días de loito oficial, decretados polo Goberno de España, polas vítimas do accidente de tren en Adamuz. Así, as bandeiras da Praza do Rei ondean a media hasta desde hoxe e ata o xoves 22 de xaneiro. Caballero trasladou as condolencias da cidade e o cariño ás familias das vítimas para “acompañalos nestes momentos tan dolorosos”, desexando unha “pronta recuperación a tódalas persoas feridas”.