O Goberno Local facilita o uso da piscina de Travesas aos deportistas do Náutico
O Concello cooperará cos deportistas do Club Náutico facilitando o uso da piscina municipal de Travesas ata o fin do peche temporal, por obras, das súas instalacións.
Abel Caballero anunciou hoxe a cesión de uso da piscina municipal do Gimnasio do Carmen, nas Travesas, en distintos horarios de mércores a domingo, aos asociados do Náutico que nestes momentos non poden adestrar como consecuencia do peche por obras das instalacións.
O Concello establece horarios diferenciados aos usuarios habituais, segundo explicou o rexedor ao remarcar a disposición para “contribuír a que os deportistas do Náutico teñan unha oportunidade para adestrar nas piscinas municipais”.